sábado, 11 de febrero de 2017

O sabor da aventura está no mar


O venres día 10 de febreiro, o noso cole participou na campaña 
"O sabor da aventura está no mar" 
que está levando a cabo a Xunta.
A cita para o alumnado de infantil foi de 10:00 a 11:00h.




Nesta hora acollimos no centro 
a dous personaxes moi especiais: 
Luis e Mariña,
 un mariñeiro e unha cociñeira, 
amigos de "Os Arroaces".



E claro... preguntarédesvos quenes son estos?
Pois son un grupo de sete nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe xa que cada un ten un superpoder relacionado co peixe que máis come.


Como estades pensando...
o obradoiro consistiu nunha charla para que os peques coñezan o mundo do peixe e transmitirlles a importancia da súa presencia e a do marisco na súa alimentación, incidindo nos aportes nutritivos.




Pasamos un rato moi intreresante, primeiro estivemos a ver un conto sobre "OS ARROACES" que como xa dixemos cada neno comía un peixe e este proporcionáballe un poder, por ex: Troita ten voa vista, Xurelo e moi divertido...
A continuación estivemos a pescar e logo identificamos os diferente peixes e outros obxectos que podemos atopar no mar como: bolsas, latas...
Valoramos a importancia que ten para o Medio Ambiente non tirar lixo nas praias.
Por último, vimos algunhas receitas que se poden facer con peixe como: croquetas, pizza...
Na web dispoñedes destas receitas así como dunha gran variedade de material. 
Pincha na imaxe:



Resumimos esta actividade en imaxes:


Por certo, o obradoiro realmente rematou cun compromiso por parte do alumnado de comer máis peixe:











Mmmm... 
Non sei eu!

A cambio recibimos un agasallo:





















Buscando en youtube atopamos esta historia de: 
"Os Arroaces".

     

Se accededes a youtube tamén podedes coñecer aos protagonistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario