lunes, 17 de octubre de 2016

O libro viaxeiro




Poñemos en marcha
...




Queridas familias: 
Para este proxecto queremos que nos axudedes cada familia a respostar unha serie de cuestións que mandamos a cada un dos protagonistas.
Lembrade que é un traballo conxunto entre o nen@ e a familia.
Importante: Deberédelo entregar ao longo desta semana.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.


Investigaremos sobre ...

(Podedes poñer en marcha a vosa creatividade utilizando diferentes técnicas, sobre todo para decorar a portada. Intentade ser orixinais.)

Como xa sabedes estamos co proxecto deste trimestre:
... e esta vai ser a portada do noso libro. Cando recollamos toda a información dos protagonistas montaremos o libro e irá de casa en casa para que poidades ver o traballo de tod@s.

Lembrarvos que o que pretendemos con esta actividade é aportar algo significativo da vida diaria dos peques: a súa historia, fotos, debuxos, de onde provén o seu nome, por que se chama así...
Cada día un nen@ será @ protagonista e contará a súa historia, (tamén podedes vir algún de vós a contala... animádevos).
Non sabedes a ilusión que lle fai aos peques ser ese día o protagonista, cando chega o momento de contar ao seus compañeir@s o que elaboraron na casa coa súa familia. Recalcar que para eles esta actividade é moi importante.
Consideramos que este libro é un estímulo motivador para o pequeno a través do cal potenciamos a autoestima ademais de establecer unha relación familia-escola.


No hay comentarios:

Publicar un comentario