viernes, 30 de enero de 2009

xaneiro - Día da paz!

Voltamos ao cole despois das vacacións de Nadal, estreando un novo ano.
Emma estivo de aniversario nas vacacións ( ó 27 de decembro), por este motivo, convidounos a unha bolsa de chuches. Este foi o momento no que celebramos o seu cumple.

Este mes traballamos: o inverno e os xoguetes, preparamos a coreografía da canción da avestruz Mariluz, fixemos diferentes actividades relacionadas coa Paz, debuxamos a Mariluz ... A continuación podedes velo en imaxes.

Estivemos a traballar o conto de "A avestruz Mariluz", con motivo do día da Paz. Unha das mensaxes que sacamos deste conto é : A IMPORTANCIA DE TER AMIGOS.


Este ano en infantil, enfocamos o día da Paz entorno a Mariluz, polo que decoramos dita avestruz coas nosas mans, e deste xeito, por o noso gran de area na decoración da entrada do cole. Este foi o resultado:


Traballamos diferentes formas de transmitir a misma mensaxe ...

Durante a última semana de xaneiro, realizamos unha actividade todo o centro, na que adicamos un tempo a ler, ver vídeos e cantar diferentes cancións que nos dan mensaxes de paz, solidaridade, esperanza...


Si queredes ter máis información acerca desta semana prema aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario